O Clínic Vilagarcía volverá o próximo mes de xuño ao CIFP Fontecarmoa. Esta edición do clinic que durante etes últimos anos trouxo a Vilagarcía a nomes ilustres do baloncesto español como Aíto García Reneses, Xavi Pascual, Pedro Calles, Carles Durán, Pedro Martínez, Luis Casimiro, Txus Vidorreta Moncho Fernández o Jaume Ponsarnau que pasaron polas instalacións do hoxe CIFP Fontecarmoa da man dos responsables do departamento do seu Ciclo de Técnicos Deportivos de Baloncesto será xa a número 14. Os Seus alumnos, adestradores e tamén profesores de FP, de Educación Primaria e Secundaria poderán gozar este ano, os días 16 e 17 de xuño, da presenza dun dos técnicos españois con maior impacto no baloncesto europeo como é Pablo Laso.
Para inscribirte como profesor (20h) : Fai click aquí
Para inscribirte como adestrador/alumno: Fai click aqui