Os días 6 e 13 de xuño impartirán os nos compañeiros María Gómez e Nacho Román unha formación sobre o funcionamento do modelo de caderno de aula que xa podemos ver no espazo do profesorado da aula virtual, e tamén nos instruirán sobre o funcionamento do caderno de cualificacións do que se dispón na aula virtual.
A formación será en horario de tarde e podemos seguila presencialmente ou de xeito telemático.
Aqueles que esteades interesados e aínda non o comunicastes, podedes facelo escribindo a mramallal@edu.xunta.gal
Venres, 26/05/2023 · 9:21 a.m.
Formación
Formación Caderno de aula e de calificacións