Xoves, 11/01/2024 · 8:52 a.m.
Electricidade e electrónica
Visita a EDAR de Vilagarcía

No último día do primeiro trimestre, o alumnado de 1º curso do ciclo superior Automatización
e Robótica Industrial fixeron unha visita didáctica á Estación Depuradora de Augas Residuais de
Vilagarcía de Arousa.


O obxectivo da visita era coñecer o sistema automatizado da estación, xunto coa instrumentación electrónica e sistemas de visualización e control da planta empregados na mesma. Acompañados de varios técnicos e responsables do grupo Espina&Delfín, no só comprobaron de primeira man como funciona de xeito automático esta EDAR senón que tamén lles explicaron como se deseñan e xestionan estacións máis sofisticadas.


A valoración da visita é moi positiva non só porque permitiu ao alumnado de 1º curso ir coñecendo sistemas de control automáticos reais, máis tamén pola boa acollida do persoal da estación.