Venres, 09/02/2024 · 8:56 a.m.
Comercio e marketing
Visita a autoridade Portuaria e Tervami

O pasado día 5 de febreiro, alumnado dos ciclos superiores de Comercio Internacional e Transporte e Loxística visitóu o Porto de Vigo e as instalacións de Terminales Marítimas de Vigo (Termavi), situadas no peirao de Guixar.
A visita ao porto centróuse na zona da lonxa e no peirao de transporte Ro-Ro, onde puideron ver a loxística da carga en bodega de automóbiles e as características dos buques que se dedican a este tipo de transporte.
A visita a Termavi permitiu coñecer a operativa loxística dunha das terminais de tráfico contenerizado máis importantes de Europa, situada nun emprazamento estratéxico, e que traballa 24 horas ao día, 362 días ao ano.
Especial importancia tivo a visita ao centro operativo de Termavi onde o alumnado tivo a oportunidade de coñecer de primeira man o planificación da operativa da carga e descarga de buques portacontenedores das mais importantes empresas navieiras do mundo.