Un grupo de alumnos e docentes do CIFP Fontecarmoa achegáronse a esta feira profesional en ExpoCoruña
O Galicia Fórum Gastronómico vivíu a súa última edición na Coruña do 7 ao 9 de abril e, precisamente, á súa xornada de peche, a máis centrada nun público profesional, acudíu unha expedición dende o CIFP Fontecarmoa.
Foron preto de 60 alumnos e profesores de distintos cursos de Industrias Alimentarias e Comercio e Márketing os que viaxaron ata Coruña para, durante unhas horas, afondar no seu coñecemento sobre alimentos e gastronomía, atención ao público, maquinaria e equipamentos profesionais ou xestión de eventos.
En concreto, a expedición estivo conformada polos primeiros do CM de actividades comerciais, CS de xestión de vendas e espazos comerciais, CM de elaboración de produtos alimentarios e CS Dual de procesos de calidade na industria alimentaria.
Esta visita enmarcouse dentro do programa de Actividades Complementarias de Formación que desenvolven os distintos departamentos do noso centro.
Martes, 16/04/2024 · 9:07 a.m.
Comercio e marketing
Industrias Alimentarias e Comercio e Márketing, no Fórum Gastronómico