O martes 12 de marzo os nosos alumnos de 1º de ZTCAE réxime adultos visitaron as instalacións do CRE ONCE en Pontevedra para participar das variadas actividades que lles propuxeron dende a organización.
Puideron poñerse na pel das persoas cegas acompañadas dun guía recorrendo as instalacións sen poder ver nada. Apreciaron o laborioso que é a elaboración de libros de texto para rapaces invidentes. Tocaron coas súas mans as maquetas de monumentos en miniatura. Aprenderon a escribir utilizando máquinas de escribir en Braille. Coñeceron os aparellos que se utilizan para facer integración das persoas con diversidade funcional visual na utilización das novas tecnoloxías e así poder escribir e entender mensaxes nun móbil ou nun ordenador.
Os alumnos e os profesores quedaron encantados coa acollida.
O día 14 de marzo volveron a facer o mesmo recorrido 1º de TCAE réxime ordinario e 1º de APSD e tamén lles gustou moito.