Fernando, Socorro, Luís, Ana e Tere, estiveron con nós durante algúns venres e xoves destas últimas semanas no ciclo Conversas con Petisco.
A todas elas grazas por compartir con nós. A Carla, Lucía e ao profe Pablo por traer o petisco e darnos a oportunidade de coñercer aos avós, avoas e nai. Á compañeira docente Ana Argibay agradecerlle que nos dera a visión da coidadora informal, unha experiencia vital e única. Estamos medrando xuntas!
Seguimos conversando, acompañándonos e escoitándonos na reflexión construtiva sobre o traballo dos coidados e a súa dignificación.