Luns, 10/06/2024 · 9:23 a.m.
Orientación
Teatro-foro


Dentro do Programa Educación Responsable que persegue o traballo da educación emocional, o 15 de maio o noso alumnado de 1º FP Básica de Servizos Comerciais participaron nunha sesión de TEATRO-FORO: un espazo interactivo onde os espectadores de 1º FP Básica Electricidade e de Industrias Alimentarias, tiveron gran protagonismo. 


A temática da peza foi o racismo abordando diferentes prexuízos e estereotipos existentes nun sector da nosa sociedade. A peza levou por título “Medo ao descoñecido”.

Unha vez rematada a peza dialogouse sobre o visto na escena e sobre como mellorar a situación dos diferentes personaxes. As propostas foron levadas a escena polos espect-actores, construíndo solucións para mellorar dita situación.


Parabéns a todos os participantes e especialmente a Ramón Molina pola súa implicación!