Xoves, 07/09/2023 · 11:00 a.m.
Formación
PROXECTOS DE INNOVACIÓN E INVESTIGACIÓN EN FORMACIÓN PROFESIONAL: Convocatoria do Ministerio de Educación e Formación Profesional

O día 1 de setembro publicouse a convocatoria 2023 das Axudas destinadas á realización de proxectos de innovación e investigación aplicadas e transferencia do coñecemento en Formación Profesional destinadas a centros que impartan ensinanzas de Formación Profesional, e que desenvolvan proxectos de innovación e investigación aplicadas e transferencia do coñecemento en colaboración con entidades e empresas de diferentes CCAA.

Estes proxectos de innovación requiren a participación de dous ou mais centros educativos e de empresas ou entidades, han de axustarse a unha ou varias das seguintes liñas temáticas:

  • Liña 1. Innovación tecnolóxica, medioambiental, de procesos de produción ou de prestación de servizos.
  • Liña 2. Desenvolvemento de competencias profesionais vinculadas á dixitalización, tales coma as relacionadas coa industria 4.0. ou o desenvolvemento de redes de comunicación 5G, e a economía circular, entre outras.
  • Liña 3. Promoción do equilibrio de xénero no acceso da muller ós perfís de formación profesional relacionados directa ou indirectamente coas titulacións de formación profesional STEAM e a súa inserción profesional.
  • Liña 4. Creación de estruturas para a promoción da competencia emprendedora, vinculada á centros de formación profesional (viveiros, incubadoras de empresas, etc.), que estimulen a competencia emprendedora, e que faciliten a transición ó mercado laboral desde o entorno formativo, aportando o marco, as normas, o soporte e o acompañamento necesarios.
  • Liña 5. Deseño e testeo de retos ou proxectos de formación, que permitan a innovación metodolóxica cara o aprendizaxe baseado en retos, con atención especial á incorporación de competencias transversais, incluíndo deseño-tipo de adaptacións técnicas e estruturais de espazos formativos a novas metodoloxías.
  • Liña 6. Desenvolvemento de ecosistemas de innovación estables entre os principais axentes de cada sector profesional estreitando e garantindo a colaboración, a excelencia do talento dos seus profesionais e a transferencia do coñecemento entre centros de formación profesional, empresas e/ou entidades especialistas en innovación do mesmo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 29 de setembro.

Tedes toda a información no seguinte enlace:

https://www.educacionyfp.gob.es/eu/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/19/1931646/ficha/1931646-2023.html