Dende a semana pasada, e durante o tempo de lecer, comezou no CIFP un Torneo de Brilé no que compiten 16 equipos de todos os ciclos do Centro (Incluso profesorado!).
Esta actividade, procura a dinamización de carácter lúdico e deportivo do centro, así como a interación entre todo o alumnado, independentemente da Familia profesional ou curso.
Por agora… partidazos e moita intensidade!”