“Promover a cultura da bicicleta como medio de transporte sustentable e saudable é a proposta do concello de Vilagarcia e A voz de Galicia ano a ano.
Neste curso 24 /25 a data elexida foi 27 Setembro; onde institutos e colexios do municipio, 11 centros educativos e 600 alumnos aproximadamente fixeron un pequeno percorrido acompañados en todo momento , dende a saída dos centros e a chegada aos mesmos, dos alumnos e profesores de segundo curso do Ciclo Superior de Acondicionamento Físico do CIFP FONTECARMOA.