En marcha, a enquisa sobre as linguas no CIFP Fontecarmoa
Calquera membro do centro pode sumarse ao Equipo de Dinamización Lingüística, que ten actividades ao longo de todo o curso.
O Equipo de Dinamización Lingüística do CIFP Fontecarmoa lanzou a enquisa de uso de linguas no centro para este curso 24-25.
Trátase dunha iniciativa que serve para coñecer a realidade de idiomas no centro e dá continuidade ao traballo de cursos pasados.
Alumnado, docentes e persoal non docente poden votar de xeito anónimo nas seguintes ligazóns.
Alumnado: https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/dxWSWAsnsQfKxWrC
Profesorado: https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/wZEfCEMxJdwZRmWB
Persoal non docente: https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/HqPZdtpwLtpbx84G
A compilación destes datos resulta de moito valor para o plan lingüístico do centro.
Calquera membro do Fontecarmoa pode sumarse ao Equipo de Dinamización Lingüística, que busca realizar actividades ao longo de todo o curso.