O martes 5 de marzo recibimos a visita de membros da asociación autismo BATA para impartir dúas charlas, unha pola mañá dirixida ao alumnado de 1º de TCAE réxime ordinario e 1º de APSD e outra pola tarde dirixida ao alumnado de 1º de ZTCAE réxime adultos.
As charlas foron moi interesantes para o alumnado e nos falaron sobre as particularidades do paciente con TEA (Trastorno do Espectro Autista) e como fan para atender a estas persoas na súa asociación.
Un dos usuarios da asociación nos obsequiou con dous debuxos feitos mentres se desenvolvían as correspondentes charlas.


