Bardos, a revista do CIFP Fontecarmoa, chega ao seu número 84
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CIFP Fontecarmoa xa ten na imprenta o novo número de Bardos, que fai o número 84 da súa longa andaina. Unha vez impresos, comezará a distribución dos seus exemplares.
O acto de gradación do curso 22-23; as experiencias Erasmus + en Eslovenia ou Irlanda; a celebración do Día da Paz e non violencia; ou un repaso a algunhas das moitas Actividades Complementarias de Formación que se levan a cabo no noso centro educativo son parte deste número que chega ás 54 páxinas a toda cor.
Ver revista Bardos 84
Toda a comunidade educativa pode enviar as súas colaboracións para o Bardos 85.