Venres, 19/12/2025 · 11:23 a.m.
Dinamización lingua galega
Poesía na biblioteca

As mozas e mozos de segundo de Servizos Comerciais puideron amosar – e mellorar- as súas dotes de escritura xunto ao escritor Francisco Castro o 18 de decembro.

O obradoiro de escritura realizouse na biblioteca e estivo organizada dende a Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro.

Foi unha hora ben divertida na que os dez alumnos puideron escribir os seus propios poemas a través dun divertido xogo.

Francisco Castro é escritor e músico, con máis de 30 libros publicados, fundamentalmente de narrativa pero tamén noutros xéneros. O seu segundo disco aparecerá co novo ano.