Xoves, 05/02/2026 · 12:20 p.m.
Ensinanzas deportivas
Aito García Reneses no CIFP Fontecarmoa.

Aíto García Reneses e Carlos Cortés compartirán os seus coñecementos cos alumnos dos Ciclos de Baloncesto do CIFP Fontecarmoa

O adestrador dará unha sesión de xogo por conceptos mañá, venres 6 de febreiro, e o árbitro internacional explicará aspectos do regulamento o martes día 10

Os Ciclos Formativos de Técnicos Deportivos en Baloncesto do CIFP Fontecarmoa de Vilagarcía volve traer a profesionais de primeira liña, que compartiran os seus coñecementos con alumnos e docentes.

Mañá venres, Aíto García Reneses impartirá unha sesión de xogo por conceptos, dende as 10:00 horas, no Pavillón 2 do Complexo Municipal Fontecarmoa. Despois, ás 12:30 horas, protagonizará un foro aberto na biblioteca do Centro Integrado de Formación Profesional.

Aíto García Reneses é un dos técnicos máis exitosos da historia do baloncesto europeo. Entre os seus títulos están unha medalla de prata olímpica en Beijing 2008 coa selección española; 9 Ligas ACB e 5 Copas del Rey; 2 Bundesliga e 1 Copa de Alemaña; 1 Recopa; 2 Copas Korac; 1 Copa ULEB; e 1 FIBA Eurocup.

Pero, ademais, García Reneses tamén destaca pola súa labor pedagóxica que, durante décadas, leva fornecidos de coñecementos a varias xeracións de adestradores.

O martes 10 será a quenda de Carlos Cortés, árbitro nado Coruña con máis de 20 anos e 600 partidos arbitrados na Liga ACB ademais de 12 tempadas en Euroliga e experiencia no eido FIBA.

Cortés explicará aspectos actuais no regulamento do baloncesto, dende ás 10:30 horas, e logo responderá preguntas sobre as regras do deporte, ás 12:30 horas; as dúas actividades serán na biblioteca do CIFP.