Xoves, 12/06/2025 · 2:50 p.m.
FP Dual
Oferta FP Dual Intensiva CIFP Fontecarmoa

O vindeiro curso o CIFP Fontecarmoa ofertará os seguintes ciclos en modalidade DUAL Intensiva:

  • Mecatrónica Industrial
  • Mecanizado
  • Procesos e Calidade na Industria Alimentaria.
  • Instalacións Eléctricas e Automáticas

Que é a FP Dual Intensiva:

A FP Dual Intensiva combina formación no centro educativo coa aprendizaxe práctica na empresa. O alumnado recibe formación curricular, específica e participa en procesos produtivos reais, compartindo a formación entre centro e empresa.

Está dirixida a persoas maiores de 18 anos (ou 16 se hai vacantes) que cumpran os requisitos de acceso aos ciclos. A duración e o número de horas na empresa dependen do plan formativo de cada proxecto.

O alumnado pode estar vinculado á empresa mediante bolsa ou contrato de formación e sempre está dado de alta na Seguridade Social. Ademais, recibe unha compensación económica polo tempo de actividade produtiva.

Principais vantaxes:

  • Formación adaptada ao mercado laboral
  • Remuneración durante a estancia na empresa
  • Maior empregabilidade ao rematar os estudos

Como me apunto a esta modalidade?

A solicitude de admisión obtida a través do asistente web deberá ir acompañada da seguinte documentación:

  • A solicitude de admisión, anexo I, código de procedemento ED513A. Lémbrase que non é de aplicación o límite superior de idade que figura no anexo.
  • Copia do pasaporte ou do documento de identificación da Unión Europea, cando non se dispoña de DNI ou NIE.
  • No caso de non ter realizados os estudos ou as probas de acceso no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, certificación académica en que conste o expediente académico e o depósito do título, de ser o caso, ou o certificado da superación da proba de acceso ao ciclo formativo ou da proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • Currículo co formato Europass, que se poderá elaborar no enderezo:
    https://europass.cedefop.europa.eu/es/documents