A partir deste curso 2024/2025, o CIFP Fontecarmoa participa no PROGRAMA SIMULA co grupo 1º CM Actividades Comerciais, que conta cun total de 28 alumnos/as matriculados. Esta ferramenta utilizarase no módulo Xestión de Compras, impartido pola compañeira Mª Cristina Pazos Navia.
O programa SIMULA consiste nun NEGOCIO VIRTUAL no que a dirección e a xestión será realizada polo propio alumnado do curso, que reproducen na aula a simulación das situacións reais do ámbito financeiro,
administrativo, laboral e comercial de calquera empresa. A metodoloxía coa que se traballa é o “learning by doing” ou “aprender facendo”.
O programa permitirá que o CIFP Fontecarmoa se integre na REDE DE EMPRESAS SIMULADAS DA FUNDACIóN INFORM, entidade que ofrece a plataforma de soporte para que as empresas simuladas poidan realizar todas as xestións, ademais dun servizo de mensaxería interna e a posibilidade de deseñar unha páxina web para a empresa e de ter unha tenda virtual”.

/Paula Boo Pardavila
Coordinadora de emprendemento