O pasado 7 de novembro celebrouse o taller “Comunicación audiovisual para as túas RRSS profesionais”, da man de Xaquín Domínguez.
Nesta actividade o alumnado aprendeu a crear contidos para as súas redes sociais de xeito responsable para o seu futuro profesional e coñeceron pautas para unha boa comunicación.
Durante dúas horas resolvéronse dúbidas acerca de como comportarse ante unha cámara e como sacar partido ás redes profesionais.
Recreouse un set de rodaxe, incidiuse sobre a importancia dun bo encadre e tamén do que se pode facer e non á hora de publicar vídeos nas redes sociais.
Ademais, repasáronse conceptos legais básicos coma o dereito á honra, á intimidade e á propia imaxe.
A actividade resultou moi produtiva e suscitou unha grande interese entre o alumnado asistente.
