Martes, 13/05/2025 · 11:37 a.m.
Xeral
Visita CRE Once

O día 27 de marzo, aproveitando as xornadas de portas abertas, visitamos o CRE ONCE en Pontevedra. Os grupos participantes foron 1º de Coidados auxiliares de enfermería ordinario e modular e 1º de Atención a persoas en situación de dependencia. Todos os alumnos participantes desfrutaron de unha xornada moi agradable e puideron ver de primeira man o traballo que fai esta organización a prol do colectivo de persoas con diversidade funcional sensorial, sobre todo visual. En primeiro lugar fomos recibidos polo director do centro que nos deu a benvida. Despois visitamos as salas de tiflotecnoloxía, de maquetas feitas a escala para recoñecemento táctil, encadernación de libros en formato Braille, utilizamos máquinas de escribir en Braille, fixemos un percorrido polo centro sen visión guiados por unha persoa para empatizar co colectivo con dificultades na visión. En resumo, foi unha xornada moi produtiva na que o alumnado recibiu moitas ensinanzas.