O pasado mércores 6 de marzo recibimos a visita de persoal da Asociación Autismo Bata, que impartiu dúas charlas, unha pola mañá dirixida ao alumnado de TCAE e 1º de APSD de réxime ordinario, e outra pola tarde dirixida ao alumnado de ZTCAE de réxime modular.
Nestas charlas falouse sobre os programas e servizos qua a asociación ofrece ás persoas con TEA (Trastorno do Espectro Autista) e ás súas familias, de cara a favorecer a mellora da súa calidade de vida.
Mentres a charlas tiñan lugar, un usuario da asociación realizou un debuxo de Fermín Bouza Brey, que agasallou ao centro.

