O xoves 16 de xaneiro recibimos, un ano máis, ao alumnado de 4º ESO do IES A Illa. Nesta visita puideron coñecer a oferta educativa e as instalacións do noso centro.
Agradecemos a colaboración do profesorado e alumnado participante, que con atención ensinaron e explicaron o que en cada especialidade se aprende; materiais que utilizan, saídas profesionais, perfil do alumnado e habilidades persoais apropiadas para cursar os diferentes estudos… Toda esta información de primeira man, que seguro lles axuda na elección do seu itinerario académico e profesional.
Proximamente será o noso alumnado de Acondicionamento Físico o que visite o IES da Illa para impartirlles unha formación teórico-práctica en Primeiros Auxilios.
