Martes, 04/02/2025 · 11:36 a.m.
Orientación
Probas título graduado

Ven de publicarse a Resolución do 27 de xaneiro de 2025, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de abril e xuño, e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED540A).

Os prazos de presentación de solicitudes de inscrición nas probas serán:

Para a primeira convocatoria: do 10 ao 21 de febreiro de 2025, ambos os dous incluídos.

Para a segunda convocatoria: do 31 de marzo ao 10 de abril de 2025, ambos os dous incluídos.

+info: https://www.edu.xunta.gal/portal/ea/obtencion-de-titulos