Venres, 14/03/2025 · 12:45 p.m.
Dinamización de idiomas
Novo número revista Bardos

Xa saíu a Revista Bardos!

A revista Bardos chega ao seu número 85 cun repaso a moitas das actividades do que levamos de curso, así coma artigos sobre a mobilidade Erasmus dos nosos alumnos e profesores; repaso ao acto de gradación do ano pasado; pasatempos; ou unha entrevista ao noso director Jesús de Andrés sobre a situación e o futuro do centro.

Bardos, a revista do CIFP Fontecarmoa, continúa a súa andaina principiada no IES Bouza Brey hai máis de corenta anos. Ocúpase de preparala o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, se ben conta coa colaboración de alumnas e docentes.

Ver número 85 da revista Bardos