Ensinanzas Deportivas

Image

As ensinanzas deportivas están dentro do sistema educativo e a súa finalidade é a formación de técnicos (monitores e adestradores) en diferentes modalidades e especialidades. No CIFP Fontecarmoa dispoñemos de ensinanzas deportivas de Baloncesto e Vela.

Son de réxime especial porque se poden facer simultáneas con outro estudos, xa que teñen unha estrutura adaptada ás necesidades formativas da tecnificación e o rendemento deportivo canto a duración, horarios, prácticas, etc. Son as únicas titulacións oficiais no ámbito deportivo e teñen validez académica e profesional en todo o Estado. Organízanse en ciclo medio (niveis I e II), conducente ao título de técnico deportivo, e ciclo superior (nivel III), co que se obtén o título de técnico deportivo superior

Xefatura do departamento

Luis Garrigós Villalba

Información sobre a oferta formativa

Grao medio en Técnico Deportivo en Baloncesto

Consultar currículo
Táboa horaria
Programacións

Grao superior en Técnico Deportivo superior en Baloncesto

Consultar currículo
Táboa horaria
Programacións

Grao medio en Técnico Deportivo en Vela con Aparello Fixo

Consultar currículo
Táboa horaria
Programacións

Galería de imaxes

Ofertas de traballo

A continuación podes atopar unha listaxe de bolsas de emprego para as que estarás plenamente capacitado/a unha vez que complételo programa formativo ofertado por este departamento. Esta listaxe ten un carácter orientativo e é posible que algunhas ofertas de emprego xa non se atopen dispoñibles.

Novas do departamento

Martes, 22/07/2025 · 4:20 p.m.
A continuación amósanse as cualificacións provisionais das probas específicas de acceso as ensinanzas deportivas do CIFP Fontecarmoa. Cualificación das probas específicas de acceso ás ensinanzas deportivas de baloncesto no CIFP Fontecarmoa https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/cualificacions_provisionais_probas_especificas_de_baloncesto.pdf Cualificacións das probas específicas de acceso ás ensinanzas deportivas de vela no CIFP Fontecarmoa. https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/cualificacions_provisionais_probas_especificas_de_vela.pdf Perído de reclamacións a estas cualificacións: do 23 ao 24 Xullo.Publicación lista definitiva:...
Image
Mércores, 07/05/2025 · 9:46 a.m.
GRAO MEDIO TÉCNICO DEPORTIVO EN BALONCESTO Prazo aberto de inscrición na proba específica de baloncesto ata 25 de Xuño Exención da proba específica: certificado de vida deportiva da Federación Galega de Baloncesto Requisitos: Título da ESO ou proba de madureza superada, 17 anos mínimo ou cumprilos durante o ano natural Documentación a aportar: GRAO SUPERIOR TÉCNICO DEPORTIVO SUPERIOR EN BALONCESTO...
Image
Luns, 16/12/2024 · 9:23 a.m.
Dende o próximo día 8 ao 10 de xaneiro estará aberto o prazo de matrícula para os ciclos finais dos estudos correspondentes as ensinanzas deportivas de vela e baloncesto. A prioridade de matrícula será para aqueles alumnos que cursasen os ciclos iniciais destas modalidades no presente curso académico. Se despois deste alumnado, quedasen prazas vacantes adxudicaríanse por orde de chegada....
Image
Martes, 05/11/2024 · 3:19 p.m.
O CIFP Fontecarmoa participou nas III Xornadas sobre Internacionalización de Réxime Especial en Santiago o pasado 25/26 Outubro de 2024. Foro sobre oportunidades profesionais para estudos de grao medio de réxime especial Iván Villar Fernández (Coordinador de Programas Internacionais do CIFP Fontecarmoa)Araceli Beatriz Dobarro (docente participante en programa Erasmus de ensinanzas deportivas, mobilidade en Serbia e Grecia)Tomás Teijeiro Miguéns (estudante...
Image