Venres, 13/06/2025 · 10:28 a.m.
Xeral
Resumo proceso de admisión e matrícula curso 2025-26

A continuación pódese consultar a información e prazos para o proceso de admisión e matrícula das ensinanzas de FP en oferta ordinaria, modular, FP dual intensiva, formación acelerada e cursos de especialización.

Para solicitar a Admisión en calquera ciclo deberedes facelo a través da aplicación informática Ciclosadmision no prazo do 16 de xuño as 9:00 ao 2 de xullo as 13:00. (Instrucions_xerais_admision__2025-2026)

Posteriormente deberedes esperar á Adxudicación ( a primeira é o 15 de xullo). Podedes consultar o calendario dos diferentes procesos de adxudicación no seguinte link.

No caso de conseguir a adxudicación será o momento da Matricula. Podedes consultar os calendarios para máis información.

No proceso de Matrícula deberedes obter o modelo de impreso de solicitude de matrícula que estará dispoñible en http://www.edu.xunta.gal/fp. Este documento, cuberto coa matrícula e asinado, deberase entregar persoalmente ou por persoa autorizada no prazo de matrícula establecido para a correspondente adxudicación no centro en que lle fose adxudicada a praza en que se vaia matricular. Así mesmo, está dispoñible o servizo de reserva/matrícula de praza a través da aplicación informática; esta é unha opción máis recomendable que a de efectuala de xeito presencial. De non efectuar a matrícula na
praza adxudicada no prazo establecido para o efecto, perderá o dereito á praza e só poderá
matricularse no caso de existir vacantes.

Unha vez realizada a matrícula na plataforma; deberedes pasar polo centro para presentar na secretaria do centro a seguinte documentación:

  • Modelo de impreso de solicitude de matrícula ( se non se realiza a través da aplicación informática)
  • Fotocopia de DNI ( unicamente 1º cursos)
  • 1 foto carnet
  • Xustificante pagamento seguro escolar ( 1,12 € para os menores de 28 anos – ingreso na conta bancaria ABANCA ES25 2080 5174 9130 0000 6214)

Debido a imposibilidade de atender todas as solicitudes NON SE REALIZARÁN NO CENTRO FOTOCOPIAS, POLO QUE SERÁ NECESARIO QUE O ALUMNADO TRAIA TODOS OS DOCUMENTOS XA IMPRESOS.