O pasado dia 11 de xaneiro, o grupo de 2º curso do Ciclo Superior de Automatización e Robótica Industrial, realizou unha visita á empresa Frinsa, en Ribeira, para coñecer as novas instalacións da súa fábrica de envases metálicos.
Divididos en grupos reducidos, e acompañados de persoal técnico da empresa, o noso alumnado puido coñecer de primeira man as instalacións automatizadas e robotizadas desta fábrica de recente creación, que incorpora tecnoloxías punteiras: cámaras de visión artificial, sensores e actuadores, controis de velocidade de cintas, robots, buses de comunicación industriais, etc.
Unha vez máis, o alumnado tivo ocasión de observar a realidade das montaxes e configuracións aprendidas na aula.
Dende o grupo queren agradecer a amabilidade coa que foron atendidos por parte do persoal de empresa, e dende o centro queremos agradecer a xestión desta actividade á profesora Uxía Casal Rei.
Ánimo!