Mércores, 31/05/2023 · 9:58 a.m.
Dinamización lingua galega
Gañadora Concurso Microrrelatos.

Iria Colinas Cacabelos gaña o concurso de microrrelatos polo Día das Letras Galegas

O EDLG quixo celebrar o Día das Letras Galegas cun concurso de microrrelatos e ilustracións con varias categorías destinado a todas as alumnas e alumnos do CIFP Fontecarmoa.

A gañadora no campo dos microrrelatos foi a alumna Iria Colinas Cacabelos, con “Silencio”.

Ademais, durante a semana escolar do 22 ao 26 de maio, un conxunto de xogos populares galegos estiveron a disposición das distintas clases e alumnos na pista deportiva do centro, grazas á xenerosidade e traballo de Cándido Mascato.

Deixamos o relato…

SILENCIO

Agóchome no armario, como me dixo cando o viu entrar, volveu pegarlle. Sentín silencio, saín con coidado por se seguía alí, vina tirada o chan, deiteime acompañándoa “Quérote mamá”