O alumnado de 2º curso do ciclo superior de Acondicionamento físico, no ámbito de estudo do módulo de Fitness en sala de adestramento polivalente, tivo estes días ocasión de realizar dúas sesións de crossfit no centro Old Metal Crossfit de Vilagarcia.
A primeira das sesións tivo como obxectivo o acondicionamento xeral e funcional, baseado en traballos de mobilidade e en métodos de adestramento de alta intensidade (tales como HIIT, EMOM, ANRAP e TABATA).
A segunda das sesións dedicouse ao aprendizaxe de diferentes patróns de movemento e elementos ximnásticos (tales como fondos sobre anillas, cargadas, Pull Up, Muscle Up, Push Press, Snatch e Jert).
O alumnado desenvolveu dúas sesións teórico-prácticas para coñecer novas modalidades de fitness, específicas e de gran interese para a súa formación como futuros técnicos de acondicionamento físico.
Dende aquí queremos da-las gracias, pola súa acollida e atención, ao personal de Old Metal Crossfit, e, pola organización da actividade, ao profesor Luis Garrigos Villalba.